Redes nacionais

CONSTRUROCK
CONSTRUROCK é unha rede vinculada á pedra natural e á súa relación co patrimonio histórico monumental e a obra nova. Os asinantes do convenio son: O Instituto Xeolóxico e Mineiro de España, a Universidade de Zaragoza, a Universidade de Granada, o Instituto Tecnolóxico de Rocas Ornamentais e Materiais da Construción, a Universitat Autónoma de Barcelona, a Universidade de Vigo, a Universidade de Salamanca, a Sociedade de Investigación e Explotación Mineira de Castela e León e o Ente Vasco da Enerxía.

Redes internacionais

Technoheritage
Santiago Pozo Antonio e Teresa Rivas Brea seguen pertencendo á rede Technoheritage; no marco desta rede foméntase a colaboración entre grupos que investigan sobre a conservación do patrimonio cultural.

COSCH
Santiago Pozo é integrante do grupo de traballo número catro: Analysis and restoration of CH surfaces and objects, da Acción Europea: Colour and Space in Cultural Heritage (COSCH).

ISRM
Leandro Alejano Monge é o presidente para Europa da Sociedade Internacional de Mecánica de Rochas (ISRM).