Inicio
Xestión Segura e Sostible de recursos Minerais
O grupo de investigación Xestión Segura e Sostible de recursos Minerais (GESSMin) da Universidade de Vigo é un grupo de investigación multidisciplinar adicado á explotación e xestión sostible de recursos naturais, facendo fincapé na utilización de recursos minerais e rochas, en todo tipo de procesos industriais respetando os principios da economía circular e asegurando o desenvolvemento tecnolóxico. GESSMin dispón de laboratorios de mecánica de rochas, mineralurxia, visión artificial, conservación do patrimonio cultural e enxeñaría cartográfica.
O grupo creouse no ano 1993. En 2005 foi recoñecido pola Universidade de Vigo como grupo de referencia e, a partir de 2007, a Xunta de Galicia incluíuno entre os grupos consolidados de referencia competitiva.
Actualidade
A EE Forestal lidera un proxecto dirixido a identificar zonas clave na prevención dos grandes incendios
Un estudo realizado na Escola de Enxeñaría Forestal sinala que dos preto de 30.000 incendios rexistrados nos montes galegos entre 2011 e 2021, un total … Continuar
Pode a protección dos petróglifos evitar incendios forestais?
Na análise que, no marco dun convenio coa Deputación de Pontevedra, investigadores e investigadoras da Escola de Enxeñaría Forestal realizaron da vaga de lumes que … Continuar
29 representantes da UVigo no ránking de investigadores máis citados da Universidade de Stanford
29 investigadores e investigadoras da Universidade de Vigo forman parte do 2% de científicos máis citados do mundo, segundo se pode extraer da máis recente … Continuar
Investigadoras da EE Forestal crean unha metodoloxía para localizar plantacións de castiñeiros a partires de imaxes por satélite
Máis aló dos soutos presentes en múltiples puntos de Galicia, na comunidade existen tamén múltiples plantacións de castiñeiros novos, en moitos casos de reducidas dimensións, … Continuar
Investigadoras da EE Forestal desenvolven unha metodoloxía de caracterización de masas de eucaliptos con tecnoloxía Lidar
Realizouse unha posta en común do borrador do informe de diagnóstico
Catro mostras do talento investigador que se queda na UVigo
O programa de retención ofrécelles un contrato de tres anos prorrogables a outros dous